Os nosos servizos

Servizos que ofrecemos:

 

Desenvolvemento

Egatel dedica máis do 40% do seu persoal a actividades de I+D+i para mellorar constantemente os equipos de radiodifusión e para desenvolver novos produtos e servizos orientados a novos mercados como o SatCOM.

Innovación

Participación en diferentes proxectos de innovación en colaboración con outras empresas, universidades e centros tecnolóxicos no ámbito das comunicacións marítimas, aeronaves non tripuladas e vehículos conectados.

Fabricación

Fabricación de transmisores de TV, reemisores e gapfillers para os principais estándares de TV Dixital Terrestre: DVB-T/-H, DVB-T2, ISDB-T/Tb e ATSC para todos os rangos de potencia RF (baixa, media e alta potencia).

Instalación e posta en marcha

Instalación e posta en marcha dos equipos nos centros de emisión. O persoal técnico de Egatel realiza o axuste e testeo do equipo antes da activación, asegurándose de que os transmisores funcionan correctamente e cumpren o protocolo SAT (Site Acceptance Test).

Proxectos chave en man

Solucións completas a medida segundo obxectivos de tempo e orzamento, desde a planificación ata a execución final, pasando polo deseño da instalación, equipos a medida, a integración e a xestión técnica.

Mantemento e reparacións

Egatel leva a cabo servizos que van desde a repración ou substitución de compoñentes ata revisións completas con renovacións de todo tipo de equipos.