Servizo e soporte

Os nosos servizos posventa inclúen:

 

Soporte técnico

Servizo on-line: Atención ao cliente en liña para a resolución de dúbidas ou problemas. Acceso remoto aos equipos co fin de obter o funcionamento óptimo de cada centro.
Servizo de fábrica: Dispoñibilidade inmediata e entrega expres de repostos.
Diagnóstico e solucións para calquera incidente que poida xurdir. Diagnóstico de equipos e reparacións.

Formación

Formación técnica impartida por expertos técnicos en instalacións, mantemento e posta en marcha de equipos. Combínase formación teórica con formación práctica en equipos Egatel. Os técnicos e instaladores aprenden a configurar, pór en marcha e operar os sistemas de transmisión de sinal.

Servizo local

Egatel dedica un equipo de enxeñeiros e especialistas técnicos a servizos locais: Formación local con certificación final, supervisión e instalación con certificación final, servizos técnicos, asistencia completa e mantemento.