Transmisores UHF de alta, media e baixa potencia
Os últimos avances de Egatel en transmisión eficiente coa xa recoñecida Serie WHET -Wideband High Eficiency Transmitters- dan paso a unha nova xeración de solucións UHF. Os transmisores UHF de Egatel ofrecen unha eficiencia enerxética excelente, un deseño moi compacto e configuracións flexibles para adaptarse a calquera topoloxía de rede. Para cumplir coas normas actuais de transmisión de TV, os transmisores de TV Egatel soportan todos os estándares analóxicos e dixitais existentes, como DVB-T, DVB-H, DVB-T2, ATSC ou ISDB-TB.

Alta potencia
Potencia de saída desde 1 ata 14 kWrms
Os transmisores de alta potencia son a mellor solución para despregar ou estender redes de TV dixital en zonas amplas de cobertura coas mellores garantías e prestacións. Presentan unha eficiencia enerxética de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.
Alta potencia
Media potencia
Potencia de saída desde 200 ata 2 kWrms
Os equipos de media potencia ofrecen unha gran flexibilidade e múltiples configuracións por rack, as diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos permiten aos operadores axustar os seus sistemas garantindo a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.
Media potencia
Baixa potencia
Potencia de saída desde 1 ata 225 Wrms
Os transmisores de baixa potencia foron especialmente desenvolvidos para foron especialmente deseñadas para cubrir zonas de sombra sen cobertura e para as últimas fases de despregamento en redes de TV Dixital. Polo seu tamaño, estes equipos son a solución perfecta en instalacións con espazo reducido.
Baixa potencia