Serie TE9000

Transmisores de TV UHF de media potencia

Amplificadores LDMOS-50 volt., modulacións analóxicas e dixitais


A gama de transmisores TE9000 de media potencia está equipada con amplificadores baseados en transistores LDMOS-50 volt. de alta densidade de potencia que proporcionan un elevado rendemento enerxético. Presentan inmellorables valores en parámetros fundamentais da calidade da sinal transmitida, tales coma atenuación das hombreiras e MER.

Están equipados cun modulador que cobre a gran maioría dos sistemas de TV analóxicos e dixitais, integrando a máis avanzada tecnoloxía no procesado da sinal para transmitida coa máxima calidade e fiabilidade. O deseño compacto e modular e a súa elevada eficiencia enerxética facilitan a súa instalación e mantemento, reducindo o coste total ó longo da vida do transmisor para o operador broadcast.

Están preparados para traballar en redes dixitais MFN e SFN e incorporan as derradeiras e máis novedosas tecnoloxías, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións – coste (CAPEX / OPEX).

Características clave
Datos técnicos