Transmisores de TV UHF de media potencia 

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, Sistema de refrixeración por aire.

Coñeza a Serie WHET

A nova serie de transmisores TUWH4000 de alta eficiencia – banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración por aire. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é preciso realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.

Os transmisores TUWH4000 presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS – 50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente otorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación sinxela e intuitiva e unha rápida posta en marcha . As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Características clave
Datos técnicos