Transmisores de TV UHF de media potencia

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, Sistema de refrixeración por aire.

Coñeza a Serie WHET

A serie de transmisores TUWH3000 de alta eficiencia representa un salto tecnolóxico nas solucións UHF de media potencia con refrixeración por aire. A tecnoloxía Wideband-Doherty aplícase en toda a banda UHF, polo que xa non é necesario realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.

Os novos transmisores presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS-50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente outorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación amigable e intuitiva e unha rápida posta en marcha. As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Características clave
Datos técnicos