Transmisores de TV UHF de alta potencia

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, Sistema de refrixeración líquida.

Coñeza a serie WHET

A nova serie de transmisores TLWH7900 de alta eficiencia – banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración líquida. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é necesario realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.

Os transmisores TLWH7900 proporcionan a solución óptima para despregar ou estender unha rede de difusión dixital con canles HDTV, DTV e TV móbil no ámbito global. Presentan unha eficiencia enerxética de até un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS -50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

Outorgan unhas relacións potencia-tamaño e prestacións-fiabilidade que permiten transmitir o sinal coa máxima calidade. O deseño compacto e modular e o seu elevado rendemento enerxético facilitan a súa instalación e o mantemento, reducindo significativamente o custo total ao longo da vida do transmisor para o operador broadcast.

Características clave
Datos técnicos