SatCOM

¿Qué é o “IoT First” Terminal?

O “IoT First” Terminal é un terminal satélite de última xeración equipado con un novidoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo. Grazas ao seu formato eficiente é compatible e pódese instalar con calquera parabólica estándar.Foi deseñado como unha solución de baixo custo para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios.

É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que “IoT First” Terminal ofrece mediante unha sinxela actualización.Con unha fácil instalación e manexo, os usuarios poden empezar a disfrutar do amplo catálogo de aplicacións en poucos e sinxelos pasos.

Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e proveedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha concebiu o terminal ‘IoT First’ para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada e aplicacións M2M.

Egatel, en colaboración con Eutelsat, desenvolveu o “IoT First” Terminal que xa está dispoñible no mercado.

Aplicacións

TV conectada
smart LNB - Connected TV


A chegada do “IoT First” Terminal supón un paso adiante sobre a TV lineal tradicional xa que ofrece ilimitados servizos virtuais de TV conectada, inclúese: Push-video-on-demand, operacións de pago, servizos baseados no consumo de contidos á carta, domótica, HbbTV, pay-per-view, redes sociais, participación en programas en directo, xestión de subscricións, medición de audiencias, etc.

Visualización multipantalla
smart LNB - Connected TV

O “IoT First” Terminal ofrece servizos de visualización multipantalla de canles de vídeo IP, de maneira que poden ser visualizados directamente en tabletas, smartphones e demais terminais IP do usuario final.

Ademáis, grazas á canle de retorno tanto provedores de servizos como usuarios beneficiaranse das aplicacións IP bidireccionais adaptadas a cada dispositivo doméstico, que hoxe só son accesibles aos operadores OTT.

Aplicacións M2M: e-salud y domótica

A capacidade de recibir/transmitir datos IP utilizando unha canle de retorno de banda estreita a través de satélite abre a porta ás aplicacións Machine-to-Machine (M2M). A crecente demanda de servizos sanitarios no fogar, combinada co control de custos, proporciona as condicións ideais para adoptar as vantaxes proporcionadas polas aplicacións M2M. O seguemento a distancia de enfermidades crónicas, servizos de asistencia para persoas maiores e o control de pacientes a través de solucións de coidado no fogar, son algunas das aplicacións esenciais que poden axudar ao ecosistema da saúde e facer frente a este reto. Todo isto se consegue simplemente conectando o “IoT First” Terminal aos sensores personais que ten o usuario no seu domicilio e que recollen diferentes medidas, como o peso, presión arterial, niveis de glucosa, etc.

No que se refiere a casas intelixentes, pódense controlar o consumo de enerxía e o uso da electricidade, auga quente e calefacción mediante medidores intelixentes. A conexión de estos equipos ao “IoT First” Terminal permitirá coñecer en tempo real o consumo enerxético. A detección de despilfarros de enerxía e a corrección de malos hábitos tradúcense directamente en aforro e emisións de CO2 máis baixas.

Ademáis, o usuario pode controlar remotamente diferentes dispositivos instalados no fogar, como videocámaras, sensores de movemento, fechaduras de portas e xanelas, así como programar accións de aceso e apagado de luces ou do sistema de calefacción para determinadas horas e datas.

Aplicacións profesionais

O “IoT First” Terminal é unha potente ferramenta para o mercado profesional, como o sector das Utilities. Sobre a base de utilizar unha transmisión de baixa velocidade, o satélite convértese nunha plataforma rendible e fiable para entregar automaticamente datos desde os puntos máis remotos da rede de comunicacións.

Por outra banda, este tipo de comunicacións M2M a través de satélite pódese integrar facilmente con aplicacións SCADA para o control, xestión e seguimento de distintos activos e recursos das Utilities.

Baixo consumo

smartlnb baixo consumo

Dado que o consumo de enerxía é unha gran preocupación para moitos clientes, o “IoT First” Terminal incorpora un conxunto de perfís de aforro enerxético que se adaptan perfectamente aos requisitos de recepción e transmisión da aplicación final, proporcionando un considerable aforro de enerxía.

Desta forma, é posible dimensionar a alimentación do módem para que se axuste aos requisitos exactos da aplicación final, habilitando a utilización de sistemas de autogeneración de enerxía limpa para alimentar o módem satelital.

VLANs

Aumentar imaxe

A conectividade satelital do “IoT First” Terminal proporciona aos usuarios unha conexión segura e privada, independente das redes terrestres cun nivel de servizo garantido e un inmellorable SLA.

Ademais, permite a creación e xestión de redes privadas virtuais (VLANs), posibilitando a segmentación da rede, a reutilización de direccións IP e ofrecer un nivel extra de seguridade nas transaccións de datos IP.

Power over Ethernet

power over ethernet

O “IoT First” Terminal está equipado coa tecnoloxía Power Over Ethernet (PoE), polo que é perfecto para servizos ‘puramente IP’ de baixa velocidade de datos, como as aplicacións Machine to Machine ou Internet of Things. A diferenza dos módems VSAT tradicionais onde o módem está composto por unha unidade exterior e unha unidade interior conectadas mediante un cable coaxial, o ‘smartLNB’-PoE consiste unicamente nunha unidade exterior, o que supón unha considerable redución no custo de adquisición e instalación en comparación cos produtos existentes no mercado.

Para empezar a gozar da conectividade vía satélite, o usuario só necesita conectar o dispositivo final (sensor, PC, switch /router, etc.) ao porto RJ-45 do “IoT First” Terminal cun cable Ethernet estándar e orientar a antena, paso que se realiza de forma sinxela e rápida seguindo as pautas proporcionadas por unha aplicación móbil gratuíta que se desenvolveu especificamente para o “IoT First” Terminal (dispoñible para dispositivos Android e iOS).

“IoT First” Terminal: Antena + ODU Unidade externa

Características
A unidade exterior é o corazón de “IoT First” Terminal’. Nun formato moi compacto intégranse funcionalidades de última xeración.

  • Dobre LNB banda-Ku con polarización independente: V / H (SW seleccionable).
  • Entrada externa para conectar un LNB adicional.
  • Dúas versións de transmisor dispoñibles:
    • Transmisor en banda-Ku con dúas polarizacións: V / H (SW seleccionable).
    • Transmisor en banda-Ka con dúas polarizacións: LHCP/RHCP (SW seleccionable).
  • Unha soa saída: o sinal de TV e os datos IP envíanse multiplexados a través dun cable coaxial único.
  • Soporta DiseqC 2.0.
  • Interface web gráfica de usuario para a súa xestión e configuración.