‘Smart LNB’ – Terminal satélite interactivo

¿Qué é ‘Smart LNB’?

O ‘Smart LNB’ é un terminal satélite de última xeración equipado con un novidoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo. Grazas ao seu formato eficiente é compatible e pódese instalar con calquera parabólica estándar.Foi deseñado como unha solución de baixo custo para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios.

É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que ‘smart LNB’ ofrece mediante unha sinxela actualización.Con unha fácil instalación e manexo, os usuarios poden empezar a disfrutar do amplo catálogo de aplicacións en poucos e sinxelos pasos.

Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e proveedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha concebiu o terminal ‘Smart LNB’ para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada e aplicacións M2M.

Egatel, en colaboración con Eutelsat, desenvolveu o ‘Smart LNB’ que xa está dispoñible no mercado.

Aplicacións

TV conectada
Visualización multipantalla
Aplicacións M2M: e-salud y domótica
Aplicacións profesionais

Baixo consumo

smartlnb baixo consumo

 

Dado que o consumo de enerxía é unha gran preocupación para moitos clientes, o ‘smartLNB’ incorpora un conxunto de perfís de aforro enerxético que se adaptan perfectamente aos requisitos de recepción e transmisión da aplicación final, proporcionando un considerable aforro de enerxía.

Desta forma, é posible dimensionar a alimentación do módem para que se axuste aos requisitos exactos da aplicación final, habilitando a utilización de sistemas de autogeneración de enerxía limpa, como paneis solares, para alimentar o módem satelital.

VLANs

smartlnb vlans

 

A conectividade satelital do ‘smartLNB’ proporciona aos usuarios unha conexión segura e privada, independente das redes terrestres cun nivel de servizo garantido e un inmellorable SLA.

Ademais, permite a creación e xestión de redes privadas virtuais (VLANs), posibilitando a segmentación da rede, a reutilización de direccións IP e ofrecer un nivel extra de seguridade nas transaccións de datos IP.

Power over Ethernet

power over ethernet

O ‘smartLNB’ está equipado coa tecnoloxía Power Over Ethernet (PoE), polo que é perfecto para servizos ‘puramente IP’ de baixa velocidade de datos, como as aplicacións Machine to Machine ou Internet of Things. A diferenza dos módems VSAT tradicionais onde o módem está composto por unha unidade exterior e unha unidade interior conectadas mediante un cable coaxial, o ‘smartLNB’-PoE consiste unicamente nunha unidade exterior, o que supón unha considerable redución no custo de adquisición e instalación en comparación cos produtos existentes no mercado.

Para empezar a gozar da conectividade vía satélite, o usuario só necesita conectar o dispositivo final (sensor, PC, switch /router, etc.) ao porto RJ-45 do ?smartLNB? cun cable Ethernet estándar e orientar a antena, paso que se realiza de forma sinxela e rápida seguindo as pautas proporcionadas por unha aplicación móbil gratuíta que se desenvolveu especificamente para o smartLNB (dispoñible para dispositivos Android e iOS).

 ‘Smart LNB’: Antena + ODU Unidade externa

Características