sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Quen somos

EGATEL é unha empresa cualificada e especializada na investigación, desenrrolo e fabricación de produtos e sistemas de radiofrecuencia destinados a transportar ou difundir sinais de televisión - tanto en formato analóxico como dixital - e sinais de radio dixital para cubrir as necesidades do mercado broadcast profesional global.

A principal actividade da compañía consiste no suministro de transmisores, re-transmisores e gap-fillers para emitir as sinais de radio e TV, ademáis de traballos de enxeñería combinados con execución de proxectos chave en mán e suministro de equipamento auxiliar, como sistemas radiantes ou equipamento pasivo de RF.



A base sobre a que se sustenta a estratexia competitiva da empresa radica en invertir un elevado porcentaxe dos beneficios en recursos de I+D, có obxetivo de ofrecer ó mercado Broadcast profesional produtos innovadores e equipamento de alta tecnoloxía.

Egatel está integrada na área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, o segundo grupo español non cotizado no sector das infraestructuras e a enxeñaría.


Orientada ó Mercado Broadcast Profesional

As actividades comerciais directas de Egatel están principalmente dirixidas a operadores nacionais e rexionais das redes de difusión e transporte da sinal de TV e, en menor medida, a gobernos e administracións públicas. O servicio ás cadeas locais e redes de TV rexionais privadas, ofrécese comúnmente a través de distribuidores. Dende a súa fundación no ano 1992, a compañía mantivo un crecemento progresivo ata acadar unha posición de liderazgo no mercado español, e utilizou a experiencia profesional e o know.how adquirido para expandirse hacia o mercado global, suministrando produtos e equipamento de avanzada tecnoloxía para a creación e despliegue de redes de difusión analóxicas e dixitais no entorno internacional.

Persoal altamente cualificado

O persoal de Egatel ostenta unha extensa experiencia en tódolos campos da Enxeñería e añaden valor a cada unha das etapas de deseño e fabricación, suministrando produtos de alta gama, servicios e solucións tecnolóxicas avanzadas. Os nosos clientes benefícianse da experiencia e know-how dos nosos enxeñeiros en cada proxecto que acomete a empresa, satisfacendo os seus requisitos e demandas particulares normalmente desenrrolando produtos a medida, cumplindo en todo caso coas normas e regulacións máis esixentes dos mercados internacionais.

Compromiso corporativo

EGATEL comprométese sempre a deseñar e fabricar produtos utilizando a derradeira tecnoloxía dispoñible, incidindo particularmente en elementos chave como o procesado da sinal, a fiabilidade dos equipos mediante a inclusión de sistemas redundantes en elementos críticos (alimentación, refrixeración, etc...), e interfaces de usuario potentes e intuitivas que faciliten o traballo do persoal a cargo da operación e mantemento dos equipos.

Empresa internacional

Co obxetivo de ser unha compañía global, EGATEL desenrrolou equipos para as principais normas dixitais internacionais, traballando dende fai anos con operadores de radiodifusión de diferentes países. Como resultado, a empresa adquiriu unha experiencia internacional única en despregamento de redes de TV Dixital, sendo capaz de proporcionar equipos plenamente probados durante anos en campo e acometer proxectos internacionais chave en mán para o despliegue de redes Broadcast analóxicas e dixitais.

Comprobe algúns dos proxectos de referencia levados a cabo por EGATEL.

Compromiso coa sostenibilidade medioambiental


Un dos grandes problemas das sociedades desenrroladas é que a sua taxa de crecemento está fortemente ligado a un consumo desaforado de recursos necesarios para producir enerxía o que, evidentemente, plantexa un problema de sostenibilidade a medio e longo prazo.



O compromiso de EGATEL co desenrrolo empresarial sostible comeza no departamento de I+D, onde se fixan políticas de deseño orientadas á consecución de equipos enerxéticamente eficientes, obtendo un rendemento máis elevaso en cada nova familia de equipos.

O desenrrolo de equipos eficientes en enerxía permite reducir os custos de operación, ó demandar un menor consumo de enerxía, e reducirse a xeneración de calor no interior dos equipos, disminuindo polo tanto os requisitos de refrixeración.

Outro aspecto importante para as compañías comprometidas coa sostenibilidade medioambiental é a xestión dos residuos xenerados durante a actividade normal da empresa.

A xestión dos residuos perigosos está definida e regulada por distintos procedementos e normas aprobadas polos gobernos de ámbito nacional e autonómico. A recollida de estos residuos lévase a cabo por empresas cualificadas no Tratamento de Residuos Perigosos.

EGATEL tamén é membro da Fundación sin ánimo de lucro ECOTIC. O obxetivo principal de ECOTIC é a conservación do medio ambiente e o desenrrolo sostible das empresas. Por esta razón, a súa actividade principal é a xestión de residuos de equipos eléctricos e electrónicos producidos ou comercializados polos membros asociados.

A tal fin participan, fabricantes, distribuidores e persoas responsables da comercialización dos dispositivos e equipos antes mencionados a través da súa adhesión á Fundación, prestando especial atención ó cumplimento da regulación vixente na xestión de residuos, así como a suscripción dos acordos públicos e privados necesarios para a consecución dos seus fins.

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: