EGATEL transmite o sinal terrestre en formato 3D HDTV do evento 3D5
| 10 / 06 / 2011 |
| Como socio tecnolóxico clave de Aragón TV colabora na primeira retransmisión duhna actuación musical en 3D |
| 3D5 é o nome que recibiu o evento que puso en práctica por primeira vez no panorama internacional a retrasmisión de un concerto en directo con audio 5.1 e equipos estereoscópicos ou 3D de última xeración. Egatel proporcionou o equipo transmisor co que se emitiu o sinal de TDT en formato 3D e en HD. Este equipo permite difundir o sinal de TV según a norma DVB-T2, que da lugar á segunda xeración de TV Dixital Terrestre. Egatel é unha empresa referente no deseño e fabricación de equipos de radiodifusión. Na conxuntura actual, de recesión económica e mercados con alto grao de saturación, Egatel aumenta a súa competitividade e presenza no mercado internacional a través da innovación e o desenvolvemento de equipos personalizados según os requisitos de cada cliente. De este xeito sitúase na vanguardia tecnolóxica, deseñando equipos coas técnicas máis avanzadas de procesado de sinais e radiofrecuencia. Fruto do compromiso da empresa co desenvolvemento de equipos sostibles, os transmisores de Egatel proporcionan unha elevada eficiencia, o que equivale a unha significativa redución do seu consumo enerxético. Esta innovadora experiencia pudo verse en diversas televisións rexionais, nacionais, europeas e hispanoamericanas e a través de diferentes portales Web. O concerto tamén se retransmitiu a varias salas de cine europeas a través dun satélite de Hispasat en formato “side by side” preparado para 3D, independentemente das características de visionado que esixe cada cine. O audio estéreo transmitiuse en formato AC3. O acontecemento tivo lugar o pasado 10 de xuño na Feira de Mostras de Zaragoza e contou coa actuación principal do grupo español Violadores del Verso. |