Egatel encargada de renovar en Turquía a transmisión de TV analóxica
02 / 12 / 2008
A empresa do grupo EMTE encargada de suministrar no país turco transmisores analóxicos de TV de 1KW

Madrid-. Egatel empresa tecnolóxica do grupo industrial EMTE, foi adxudicataria a través do seu distribuidor Basari Telecom, dun contrato que permitirá a TRT (Türkiye Radyo-Televizyon) renovar boa parte dos seus actuais equipos de transmisión de televisión en Turquía.
O proxecto consiste no suministro de 93 transmisores analóxicos UHF de 1KW cunha configuración Dual drive.
O importe do contrato, ó que optaban 6 empresas, ascende a 1.355.000 € e esperase que esté operativo no prazo de sete meses, entregándose os equipos de forma escalonada.
Ademáis, con este proxecto dispondranse en Turquía dunha serie de centros de difusión adicionais ós actualmente existentes, dotando dunha maior cobertura de transmisión analóxica a todo o país.
Fonte: Egatel