Egatel é unha empresa especializada no deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos para a radiodifusión de TV e comunicacións vía satélite.
Os produtos para a transmisiónn de TV inclúen transmisores e reemisores de todas as potencias de RF para os principais estándares de TV Dixital Terrestre.
No sector satCOM, a liña de produtos céntrase ono desenvolvemento de terminais satélite que permiten ofrecer servizos interactivos vía satélite como a IoT, M2M ou TV conectada.
EGATEL dedica máis do 40% do seu persoal de maneira exclusiva a actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), principalmente no ámbito das comunicacións por radiofrecuencia, para ofrecer equipos de alta tecnoloxía ao mercado.
A compañía está integrada na Área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, grupo referente no sector das infraestructuras e a engxeñaría a nivel mundial.
Egatel está integrada na área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, o segundo grupo español non cotizado no sector das infraestructuras e a enxeñaría.
COMSA Corporación é un grupo de referencia no desenvolvemento de solucións globais no ámbito das infraestructuras, a enxeñaría, a tecnoloxía, o medio ambiente, o transporte e a loxística, o mantemento e os servizos, as concesións e as enerxías renovables. A compañía conta con unha facturación de máis de 1.300 millóns de euros e dispón de unha plantilla de máis de 8.000 empleados.
Un dos pilares de COMSA Corporación é a súa aposta pola internacionalización. Na actualidade, a compañía está presente en 25 países: Alemania, Andorra, Argelia, Argentina, Australia, Brasil, Chile, China, Colombia, Ecuador, España, Francia, Letonia, Lituania, Marruecos, México, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rumanía, Suecia, Suiza, Turquía e Uruguay. A empresa suma un volumen de negocio de 644 millóns de euros neste ámbito.
1992: Ano de fundación de Egatel. Comeza a súas actividades en sectores domésticos de recepción satélite e primeiros pasos no sector profesional de microrepetidores analóxicos.
1994: Trasládase a actividade da empresa ó Parque Tecnolóxico de Galicia, dentro dos programas de viveiros de empresa.
1995: Conséguense as primeiras homologacións de equipos “broadcast” profesionais para Abertis Telecom, operador maioritario en España.
1999: Inagúrase a sede actual e oficial de Egatel no Parque Tecnolóxico de Galicia. Comeza a participación de Egatel no mundo da TV Dixital de forma moi destacada como proveedor principal en España para Abertis Telecom.
2002: Conclúense os suministros de 5 multiplex en España (Proxecto Quiero TV), acadando unha porcentaxe do 90%, con cerca de 750 equipos en media e alta potencia dixital.
2004: Egatel alcanza os seus primeiros logros no mercado internacional suministrando transistores de 10KW de potencia analóxica.
2005: Acordo OEM con Rohde & Schwarz para l suministro de Gapfillers multiestándar.
2010: Conclúense co apagón analóxico, suministros en toda España durante 2 anos e para os 5 multiplex estatales e multplex autonómicos, máis de 800 transmisores dixitais de media potencia e máis de 3000 microtransmisores e microreemisores dixitais de baixa potencia.
2012: Egatel suministra ao Mercado Mexicano un Transmisor de TV Dixital de 14KW, o equipo adquirido pola Universidade Autónoma de Nuevo León en Monterrey, é o de máis alta potencia que opera no país.
2013: Despregamento da rede nacional de TDT en Marrocos. (SNRT- Société Nationale de Radiodiffusion et de Télévision).
2015: Despregamento da rede nacional de TDT en: México (TV Azteca), Arxentina (INVAP), Arxelia (TDA-Télédiffusion D’Algérie), Kenia (KBC- Kenya Broadcasting Corporation).
2016: Lanzamento comercial do ‘smart LNB’, produto para comunicacións por satélite bidireccionais.
Un dos grandes problemas das sociedades desenrroladas é que a sua taxa de crecemento está fortemente ligado a un consumo desaforado de recursos necesarios para producir enerxía o que, evidentemente, plantexa un problema de sostenibilidade a medio e longo prazo.
O compromiso de EGATEL co desenrrolo empresarial sostible comeza no departamento de I+D, onde se fixan políticas de deseño orientadas á consecución de equipos enerxéticamente eficientes, obtendo un rendemento máis elevaso en cada nova familia de equipos.
O desenvolvemento de equipos eficientes en enerxía permite reducir os custos de operación, ó demandar un menor consumo de enerxía, e reducirse a xeneración de calor no interior dos equipos, disminuindo polo tanto os requisitos de refrixeración.
Outro aspecto importante para as compañías comprometidas coa sostenibilidade medioambiental é a xestión dos residuos xenerados durante a actividade normal da empresa.
A xestión dos residuos perigosos está definida e regulada por distintos procedementos e normas aprobadas polos gobernos de ámbito nacional e autonómico. A recollida de estos residuos lévase a cabo por empresas cualificadas no Tratamento de Residuos Perigosos.
EGATEL tamén é membro da Fundación sin ánimo de lucro ECOTIC. O obxetivo principal de ECOTIC é a conservación do medio ambiente e o desenrrolo sostible das empresas. Por esta razón, a súa actividade principal é a xestión de residuos de equipos eléctricos e electrónicos producidos ou comercializados polos membros asociados.
A tal fin participan, fabricantes, distribuidores e persoas responsables da comercialización dos dispositivos e equipos antes mencionados a través da súa adhesión á Fundación, prestando especial atención ó cumplimento da regulación vixente na xestión de residuos, así como a suscripción dos acordos públicos e privados necesarios para a consecución dos seus fins.
AENOR-Quality management AENOR – Environmental Management