Serie TE9000lp

Transmisores de TV UHF de baixa potencia

Deseño compacto (3U), refrixerados por aire, multinorma: DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb


Os transmisores da serie TE9000 están equipados cun modulador que cubre a gran maioría dos sistemas de TV analóxicos e dixitais, integrando a máis avanzada tecnoloxía no procesado da sinal. Os amplificadores de potencia están baseados en transistores LDMOS, de alta densidade de potencia e elevada linealidade.

Otorgan unhas relacións potencia-tamaño do transmisor e prestacións-fiabilidade que permiten transmitir a sinal coa máxima calidade. O deseño compacto e modular e o seu elevado rendemento enerxético facilitan a súa instalación e o mantemento, reducindo o coste total ó longo da vida do transmisor para o operador broadcast.

Están preparados para operar en redes MFN e SFN e incorporan as derradeiras e máis novedosas tecnoloxías, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-coste (CAPEX / OPEX).

Características clave
  • Deseño compacto (3U).
  • Rango de potencias (antes do filtro):
    • 1.25 Wrms a 210 Wrms (DVB-T/-H/-T2, ISDB-T/TB).
    • 2 Wrms a 250 Wrms (ATSC).
    • 20 W a 500 W (PAL, NTSC).
  • Amplificadores de potencia balanceados mediante dispositivos LDMOS de alta linealidade.
  • Modulacións analóxicas e dixitais (DVB-T/-H/-T2, ISDB-T/TB, ATSC).
  • Frecuencias de 470 MHz a 862 MHz.
  • Precorrección dixital lineal e non lineal.
  • Precorrección dixital adaptativa (opc.).
  • Retransmisión rexenerativa ou medición de parámetros da sinal transmitida. (Dispoñible para DVB-T/-H).
  • Preparado para sistemas redundantes N+1.
  • Actualización de software mediante control remoto.
  • Datos de configuración almacenados en memoria extraíble para facilitar tareas de mantemento.
  • Intuitiva Interface Gráfica para operación local a través de PC (conexión USB).
  • Interfaces de control remotas: contactos libres de potencial, SNMP / Web Server (opc.).
Datos técnicos
Modelo TE9500 TE9151 TE9201
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB 60Wrms 150 Wrms 210 Wrms
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC 125 Wrms 225 Wrms 250 Wrms
Número de amplificadores 1
1
2
Número de racks 0 / 1 0 / 1 0 / 1
Conector RF saída 7/16″(H) 50 ohm 7/16″(H) 50 ohm 7/16″(H) 50 ohm