Transmisores de TV UHF de media potencia 

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, Sistema de refrixeración por aire.

Coñeza a Serie WHET

A nova serie de transmisores TUWH4000 de alta eficiencia – banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración por aire. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é preciso realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.

Os transmisores TUWH4000 presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS – 50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente otorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación sinxela e intuitiva e unha rápida posta en marcha . As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Características clave
  • Alta eficiencia enerxética en toda a banda UHF minimizando o consumo e o custo de mantemento. Eficiencia de ata 38% para estándares COFDM e 42% para ATSC.
  • Amplificadores LDMOS-50 volt. de alta densidade de potencia.
  • Cambio de frecuencia a través do display do excitador, non hai que facer NINGÚN axuste no amplificador.
  • Modulacións dixitais:DVB-T/-H/-T2, ISDB-T/-TB, ATSC.
  • Transmisión 4K UHDTV a través de DVB-T2.
  • Frecuencias de 470 MHz a 800 MHz.
  • Precorrección dixital lineal, non lineal e adaptativa.
  • Alta redundancia que garante a máxima fiabilidade.
  • Preparado para sistemas N+1.
  • Múltiples posibilidades de operación local: a través do display do excitador, a Unidade de Control ou Web Server (opc.).
  • Múltiples opcións de supervisión remota: Telecontactos, SNMP / Web Server (opc.).
Datos técnicos
Modelo TUWH4601 TUWH4602 TUWH4603
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB 600 Wrms 1.2 kWrms 1.8 kWrms
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC 1 KWrms 2 KWrms 3 KWrms
Número de amplificadores: 1 2 3
Número de racks 1 1 1
Conector RF saída: DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB 7/16 or EIA 1 5/8″ EIA 1 5/8″ EIA 1 5/8″
Conector RF saída: ATSC 7/16 or EIA 1 5/8″ EIA 1 5/8″ EIA 1 5/8″