Transmisores de TV UHF de media potencia

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, Sistema de refrixeración por aire.

Coñeza a Serie WHET

A serie de transmisores TUWH3000 de alta eficiencia representa un salto tecnolóxico nas solucións UHF de media potencia con refrixeración por aire. A tecnoloxía Wideband-Doherty aplícase en toda a banda UHF, polo que xa non é necesario realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.

Os novos transmisores presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS-50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente outorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación amigable e intuitiva e unha rápida posta en marcha. As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Características clave
  • Deseño compacto: até 300 Wrms en só 3UR (1U Excitador – 2U Amplificador).
  • Alta eficiencia enerxética en toda a banda UHF minimizando o consumo e o custo de mantemento.
  • Amplificadores LDMOS-50 volt. de alta densidade de potencia.
  • Posibilidade de integrar varios transmisores con redundancia Dual Drive ou N+1 nun só rack.
  • Modulacións dixitais: (DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB, ATSC).
  • Frecuencias de 470 MHz a 800 MHz.
  • Precorrección dixital lineal, nox lineal e adaptativa.
  • Alta redundancia que garante a máxima fiabilidade.
  • Preparado para sistemas N+1 con CCU9000.
  • Múltiples posibilidades de operación local: a través do display do excitador, a Unidade de Control ou Web Server (opc.).
  • Múltiples opcións de supervisión remota: Telecontactos, SNMP / Web Server (opc.).
Datos técnicos
Modelo TUWH3301 TUWH3201
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB 300 Wrms 200 Wrms
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC 300 Wrms 200 Wrms
Número de amplificadores: 1 1
Conector RF saída EIA 1 7/16″ EIA 1 7/16″