¿Qué é o “IoT First” Terminal?
O “IoT First” Terminal é un terminal satélite de última xeración equipado con un novidoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo. Grazas ao seu formato eficiente é compatible e pódese instalar con calquera parabólica estándar.Foi deseñado como unha solución de baixo custo para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios.
É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que “IoT First” Terminal ofrece mediante unha sinxela actualización.Con unha fácil instalación e manexo, os usuarios poden empezar a disfrutar do amplo catálogo de aplicacións en poucos e sinxelos pasos.
Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e proveedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha concebiu o terminal ‘IoT First’ para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada e aplicacións M2M.
Egatel, en colaboración con Eutelsat, desenvolveu o “IoT First” Terminal que xa está dispoñible no mercado.
Aplicacións
Baixo consumo

Dado que o consumo de enerxía é unha gran preocupación para moitos clientes, o “IoT First” Terminal incorpora un conxunto de perfís de aforro enerxético que se adaptan perfectamente aos requisitos de recepción e transmisión da aplicación final, proporcionando un considerable aforro de enerxía.
Desta forma, é posible dimensionar a alimentación do módem para que se axuste aos requisitos exactos da aplicación final, habilitando a utilización de sistemas de autogeneración de enerxía limpa para alimentar o módem satelital.
VLANs
A conectividade satelital do “IoT First” Terminal proporciona aos usuarios unha conexión segura e privada, independente das redes terrestres cun nivel de servizo garantido e un inmellorable SLA.
Ademais, permite a creación e xestión de redes privadas virtuais (VLANs), posibilitando a segmentación da rede, a reutilización de direccións IP e ofrecer un nivel extra de seguridade nas transaccións de datos IP.
Power over Ethernet

O “IoT First” Terminal está equipado coa tecnoloxía Power Over Ethernet (PoE), polo que é perfecto para servizos ‘puramente IP’ de baixa velocidade de datos, como as aplicacións Machine to Machine ou Internet of Things. A diferenza dos módems VSAT tradicionais onde o módem está composto por unha unidade exterior e unha unidade interior conectadas mediante un cable coaxial, o ‘smartLNB’-PoE consiste unicamente nunha unidade exterior, o que supón unha considerable redución no custo de adquisición e instalación en comparación cos produtos existentes no mercado.
Para empezar a gozar da conectividade vía satélite, o usuario só necesita conectar o dispositivo final (sensor, PC, switch /router, etc.) ao porto RJ-45 do “IoT First” Terminal cun cable Ethernet estándar e orientar a antena, paso que se realiza de forma sinxela e rápida seguindo as pautas proporcionadas por unha aplicación móbil gratuíta que se desenvolveu especificamente para o “IoT First” Terminal (dispoñible para dispositivos Android e iOS).
“IoT First” Terminal: Antena + ODU Unidade externa
Datasheet: ‘smart’ LNB GEN 2.0
Datasheet: ‘smart’ LNB GEN 2.5
Datasheet: ‘smart’ LNB GEN 3.0 Power over Ethernet
Datasheet: ‘smart’ LNB GEN 3.0 Ethernet over Coaxial
Nota de prensa: Broadcast Asia: EGATEL leva a Singapur novidades en transmisores de TV de alta eficiencia e o novo ‘smart LNB’
Nota de prensa: Egatel en NAB show Las Vegas, ven a visitarnos!
Nota de prensa: EGATEL de novo á cabeza da innovación en Galicia
Nota de prensa: EGATEL recibe o Premio INEO ao producto máis innovador polo proxecto ‘smart LNB’