Os microreemisores / gap-fillers da serie MRD5000 amplían a cobertura dun modo simple e económico en redes MFN / SFN. Cada canle está constituida por un único módulo, podendo integrarse 7 canles nun cofre de 19″ – 6U. Cada módulo é totalmente programable, posibilitando unha rápida configuración a diferentes canles. A súa elevada selectividade permítelle traballar sen problemas en presencia de canles adxacentes.
O cancelador de ecos dixital (opcional) limita eficazmente o rizado producido por un insuficiente aislamento entre antenas. A unidade de control xestiona o sistema completo, demodula e mide a BER das canles emitidas, e controla a telesupervisión a través de contactos, módem GSM, SNMP ou Web Server.
Modelo | MRD5010 | MRD5050 |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 0.3, 1.25, 2.5 Wrms | 6 Wrms |
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC | 0.45, 2, 3.75 Wrms | 9 Wrms |
Conector RF saída | N (H) 50 ohm | N (H) 50 ohm |