• A nova familia de reemisores ultracompactos (1U) RUWH1000 de alta eficiencia enerxética representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX) e facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento. Esta serie extende a capacidade das familias de transmisores e reemisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital. Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN). Grazas a un intuitivo Web GUI que posibilita a xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente seinxelas.
  • A serie MRE8000 foi deseñada para ofrecer o mellor rendemento da súa clase e unha solución rendible para os centros de transmisión de baixa potencia onde a falta de espazo é un factor clave. Os Micro-reemisores / Gap-Fillers MRE8000 amplían a cobertura dun xeito sinxelo e económico en redes MFN/SFN.  Cada canle está constituída por un único módulo, pódendose integrar ata 8 canles nun cofre de 19″ – 6U. É totalmente programable, permitindo unha configuración rápida para diferentes canles. A súa alta selectividade permítelle traballar sen problemas ante a presenza de canles adxacentes. O cancelador de eco dixital limita efectivamente a onda producida por un illamento insuficiente entre as antenas, cun sistema de cancelación de eco para SFN que é dinámico e adaptable ás circunstancias do eco presente, independentemente do tipo de eco existente. Cada módulo individualmente permítelle controlar MER, BER, PER, medición e nivel de ombreiras. Grazas á súa intuitiva GUI web que permite unha xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente sinxelas. Ademais, permite a monitorización centralizada e completa do centro mediante unha Unidade de Control opcional.