Solucións

Broadcast

Equipos para a transmisión de TV

A túa elección para o despregamento de redes de Difusión de TV Dixital Terrestre: DVB-T/H/T2, ISDBT/Tb, ATSC. Ver máis

SatCOM

Solucións innovadoras para un mundo interconectado

Deseño, desenvolvemento e fabricación de antenas de comunicacións por satélite, e terminais de usuario de última xeración, para satisfacer as necesidades das aplicacións IoT e Industria 4.0. Ver máis

Consultoría

Consultoría e servizos de deseño

O teu socio tecnolóxico.

Con 30 anos de experiencia no deseño e fabricación de produtos de alta tecnoloxía, somos plenamente conscientes da importancia da Innovación e dos retos asociados, ofrecemos o noso know-how e experiencia adquirida ao servizo dos nosos clientes.

Ver máis

EMS

Industrialización e fabricación

O teu partner Industrial.

Da idea ao producto. Poñemos a disposición dos nosos clientes máis de 30 anos deseñando e producindo equipos electrónicos para sectores altamente esixentes.

Ver máis
  • Antena plana autoapuntable electronicamente
  • A nova familia de transmisores de TVW6000 ultra-compactos ofrece unha relación rendemento-custo (CAPEX / OPEX) imbatible grazas á maior eficiencia na súa clase de potencia e ao seu fácil funcionamento e mantemento. Deseño compacto de ata 25 Wrms ocupando só 1U – 19 “. A serie está baseada nunha arquitectura de banda ancha L-DMOS caracterizada pola excelente calidade do servizo e pode funcionar como transmisor ou reemisor rexenerativo para DVB-T, DVB-T2, ATSC, ISDB-T/TB e DAB/DAB+. Conta con un sistema de precorrección adaptativa dixital de primeira clase para cancelar automáticamente a distorsión do amplificador e un potente WEB GUI para proporcionar unha forma fácil e amigable, de control local e remoto.
  • Os transmisores da serie TE9000 están equipados cun modulador que cubre a gran maioría dos sistemas de TV analóxicos e dixitais, integrando a máis avanzada tecnoloxía no procesado da sinal. Os amplificadores de potencia están baseados en transistores LDMOS, de alta densidade de potencia e elevada linealidade. Otorgan unhas relacións potencia-tamaño do transmisor e prestacións-fiabilidade que permiten transmitir a sinal coa máxima calidade. O deseño compacto e modular e o seu elevado rendemento enerxético facilitan a súa instalación e o mantemento, reducindo o coste total ó longo da vida do transmisor para o operador broadcast. Están preparados para operar en redes MFN e SFN e incorporan as derradeiras e máis novedosas tecnoloxías, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-coste (CAPEX / OPEX).
  • A nova familia de transmisores TUWH1000 ultracompactos (1U) e alta eficiencia representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, facilitando aos operadores as tareas de instalación, operación e mantemento, á vez que ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX). Esta nova serie extende a capacidade das familias de transmisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital. A serie TUWH1000 pódese configurar como transmisor ou retransmisor multinorma (DVBT-H/T2, ATSC, ISDB-Tb) con potencias de saída ata 115 Wrms en só 1U, xestionando varias interfaces de entrada dependendo do modo de operación: ASI, TSoIP (transmisor) ou RF (retransmisor). Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia e un potente e intuitivo WEB GUI que permite a xestión completa do equipo en modo local ou remoto.
  • A serie TVH6000 é a mellor solución para o despregamento ou expansión de redes de televisión dixital, xa que garante a maior calidade de transmisión, fiabilidade, eficiencia e baixo custo. A serie está dispoñible como transmisor ou reemisor rexenerativo para DVB-T, DVB-T2, ATSC, ISDB-T/TB y DAB/DAB+ Cun deseño de aforro de espazo (ata 100Wrms en só 2U) e características de alta calidade, reduce significativamente os custos totais ao longo da vida do transmisor. O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente proporciona unha flexibilidade completa e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro de transmisión. A potencia do servidor web asegura un funcionamento fácil e intuitivo e unha rápida posta en marcha.
  • O MGE5000 é un patrón de frecuencia e tempo referenciado a GNSS (GPS, Glonass, Galileo ou Beidou) ou PTP IEEE std 1588. O seu diseño está orientado a  sincronización de redes broadcast SFN multicanle, que requiren un patrón ultraestable. Proporciona simultáneamente ata 10 saidas de 10MHz e 10 saidas de PPS síncronas. Dispón dun Oscilador interno de alta estabilidade (OCXO) que permite manter o holdover, no caso de interrupción da referencia de entrada. Os módulos GNSS, a tarxeta de control e as fontes de alimentación son extraíbles frontalmente, para facilitar as tarefas de mantenemento.
  • Os microreemisores / gap-fillers da serie MRD5000 amplían a cobertura dun modo simple e económico en redes MFN / SFN. Cada canle está constituida por un único módulo, podendo integrarse 7 canles nun cofre de 19″ – 6U. Cada módulo é totalmente programable, posibilitando unha rápida configuración a diferentes canles. A súa elevada selectividade permítelle traballar sen problemas en presencia de canles adxacentes. O cancelador de ecos dixital (opcional) limita eficazmente o rizado producido por un insuficiente aislamento entre antenas. A unidade de control xestiona o sistema completo, demodula e mide a BER das canles emitidas, e controla a telesupervisión a través de contactos, módem GSM, SNMP ou Web Server.
  • A nova familia de reemisores ultracompactos (1U) RUWH1000 de alta eficiencia enerxética representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX) e facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento. Esta serie extende a capacidade das familias de transmisores e reemisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital. Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN). Grazas a un intuitivo Web GUI que posibilita a xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente seinxelas.
  • A nova serie de transmisores de banda ancha TUWH4000E de alta eficiencia representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con arrefriamento por aire. A serie usa a arquitectura asimétrica de banda ancha Doherty, permitindo, cun único modelo de amplificador, cubrir toda a banda UHF (470 a 700MHz). Polo tanto, xa non é necesario facer modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar a canle RF dentro da banda UHF. Os transmisores TUWH4000E presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata o 45% que se traduce nun beneficio económico inmediato para os operadores. O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente ofrece unha flexibilidade total e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro de transmisión. A configuración áxil do transmisor e a potencia do servidor web garanten un funcionamento fácil e intuitivo e unha rápida posta en marcha