Egatel desenvolve e fabrica equipos de última xeración para a transmisión de televisión.

A gama de produtos abarca transmisores e reemisores de todas as potencias de RF para os principais estándares de TV Dixital Terrestre.

Coñece a nosa gama

Transmisores UHF

Os transmisores UHF de Egatel incorporan a tecnoloxía Wideband High Efficiency ofrecendo aos operadores unha redución de custos a curto e longo prazo. Ademais a facilidade de ampliación e actualización dos equipos permiten realizar cambios de canle ou de estándar de modo inmediato sen facer modificacións nin retoques de sintonía alongando a vida do transmisor.
Ver máis

Transmisores VHF

Os transmisores VHF de Egatel outorgan unhas relacións potencia-tamaño e prestacións-fiabilidade que permiten transmitir o sinal de TV coa máxima calidade. Están preparados para traballar en redes dixitais MFN e SFN e incorporan as últimas e máis novas tecnoloxías, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións – custo (CAPEX / OPEX).
Ver máis

Reemisores

Os reemisores de TV Egatel foron especialmente desenvolvidos para foron especialmente deseñadas para cubrir zonas de sombra sen cobertura e para as últimas fases de despregamento en redes de TV Dixital.
Ver máis

GNSS

Patrón de frecuencia e tempo referenciado a GNSS (GPS, Glonass, Galileo ou Beidou)
Ver máis