Egatel de novo á cabeza no ranking de innovación en Galicia.

Egatel de novo á cabeza no ranking de innovación en Galicia.

EGATEL, por terceiro ano consecutivo, volveu a ser recoñecida no informe Ardán 2017 como a empresa máis innovadora de Galicia. Á cabeza, xunto con outras 5 empresas, conseguiu alcanzar a categoría “Cinco estrelas” dentro do ranking de Innovación establecido no informe Económico e de Competitividade elaborado polo consorcio da Zona Franca de Vigo en colaboración con REDE da Universidade de Vigo e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Ver informe Ardán 2017

Nos últimos anos EGATEL desenvolveu unha ambiciosa estratexia empresarial centrada na Innovación. Como resultado, a empresa conseguiu afianzarse nos mercados nos que xa estaba presente e continuar a súa expansión internacional a través dunha constante evolución tecnolóxica dos seus produtos. Así mesmo, EGATEL logrou diversificar a súa carteira de produtos e entrar en novos mercados, como consecuencia dun intenso esforzo e asignación de recursos de I+D destinados a transferir o know-how que posúe a compañía na tecnoloxía Dixital e de Radiofrecuencia a outros sectores.

A innovación é un factor crave cando se opera nun sector tan competitivo como o TIC e nunha economía globalizada. Por este motivo, EGATEL colaborou nos últimos anos en múltiples proxectos de Innovación con outras empresas, establecendo sinerxías que permitiron acelerar o desenvolvemento de produtos e o seu lanzamento ao mercado.

EGATEL dedica máis do 40% do seu persoal de maneira exclusiva a actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), principalmente no ámbito das comunicacións por radio frecuencia.

O recoñecemento que obtivo EGATEL como empresa galega máis innovadora non é froito da casualidade, senón dun firme compromiso coa excelencia tecnolóxica e constante procura de novas oportunidades de negocio nos sectores BROADCAST E SATCOM.