Egatel en NAB show Las Vegas, ven visitarnos!

Egatel en NAB show Las Vegas, ven visitarnos!

EGATEL presentará nas Las Vegas novidades en transmisores de TV de alta eficiencia e o nuevo smartLNB.

Destacamos: a serie TLWH7900 de transmisores de alta potencia cun amplificador de 2U 19” refrixerado por líquido, que aumenta a potencia por rack ata 17kWrms e o novo smartLNB 2.5 de menor tamaño e custo que o seu predecesor.

Egatel volve a NAB show que terá lugar entre o 24 e o 27 de Abril en Las Vegas Convention Center, US onde poderán visitarnos no stand SU9810.

Nesta edición preséntase a serie TLWH7900 de transmisores de TV eficientes de alta potencia, evolución dos primeiros transmisores WHET (Wideband High Efficiency Transmitters) de refrixeración líquida, que introduce como principal novidade un amplificador de 2OU 19″ (modelo AUWH1200) co que se poden suministrar equipos de ata 8,8KWrms co sistema de refrixeración integrado no mesmo rack.

Os nosos clientes e visitantes, como gran novidade, poderán coñecer esta nova serie de transmisores por medio da súa visualización con lentes 3D en realidade virtual, podendo apreciar en gran detalle un exemplo completo dun transmisor con 5 amplificadores, dobre excitador e refrixeración integrada.

En media potencia, mostrarase a serie TUWH3000 que entrega potencias de ata 300 Wrms en só 3UR; con amplificadores de alto rendemento con ventiladores externos e fontes de alimentación redundantes, ofrecendo unha fiabilidade, flexibilidade e calidade de servizo inmellorables.

A baixa potencia segue cuberta polas series compactas (1UR) TUWH1000 e RUWH1000 de transmisores e gapfillers de ata 125 Wrms. Preparadas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC (3.0 ready) e ISDB-Tb) e que foron especialmente deseñadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa e un potente cancelador de ecos multistandard, no caso dos gapfillers SFN.

No sector SatCOM exhibirase a última xeración do ‘Smart LNB’, un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. Este novo transmisor/receptor satelital destaca polo seu deseño simplificado, moito máis compacto e lixeiro (1/3 do peso inicial) e optimizado en custo para poder ofrecer os servizos de TV conectada vía satélite: HbbTV, Redes Sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc.; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): e-health, Casa Conectada, Smart Metering, etc


Leave a Reply