EGATEL continúa apostando polo aforro enerxético en IBC 2016

EGATEL continúa apostando polo aforro enerxético en IBC 2016

A compañía levará a Ámsterdam novos transmisores e gapfillers serie WHET ampliando a eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF.

A RAI Convention Center de Amsterdam acolle novamente a Feira IBC, que este ano terá lugar entre o 9 e o 13 de Setembro. Egatel estará alí e nesta ocasión presenta, dentro da serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), novas liñas de transmisores de TV e gapfillers de baixa, media e alta potencia, que se caracterizan por un alto nivel de eficiencia enerxética en deseños moi reducidos.

En baixa potencia mostraranse as familias TUWH1000 e RUWH1000 que co tamaño de 1UR, alcanzan potencias de até 125 Wrms. As novas series de transmisores e gapfillers UHF de TV, preparadas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC (3.0 ready) e ISDB-Tb), foron especialmente deseñadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Ademais, incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsiones da etapa de potencia e un potente cancelador de ecos multistandard de altas prestacións, no caso dos gapfillers SFN.

En media potencia, a nova familia TUWH3000 de transmisores entrega potencias de até 300 Wrms en só 3UR; con amplificadores de alto rendemento con ventiladores externos e fontes de alimentación redundantes, ofrecen unha fiabilidade, flexibilidade e calidade de servizo inmellorables.

Con estes lanzamentos Egatel amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, aplicando a tecnoloxía Doherty Banda Ancha a transmisores de TV e gapfillers que se utilizarán nas últimas fases de cobertura en redes de TV.

Finalmente, en alta potencia e como evolución dos primeiros transmisores da Serie WHET fornecidos nos últimos 2 anos, nace a serie TLWH7900 con refrixeración líquida. Os seus novos amplificadores compactos de 2UR; con até tres fontes de alimentación redundante integradas e unha eficiencia enerxética líder no mercado, converten a estes equipos na mellor opción para cubrir zonas amplas coas mellores garantías e prestacións.

Dentro da nova área de servizos vía satélite, exhibirase o ‘Smart LNB‘, un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. O ‘smart LNB’ é un dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novo transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. O terminal revolucionará o mercado SatCom, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como, HbbTV, Redes Sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): e-health, Casa Conectada, Smart Metering, etc.