Serie compacta RUWH1000

Reemisores UHF de TV de baixa potencia

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb

Coñeza a Serie WHET

A nova familia de reemisores ultracompactos (1U) RUWH1000 de alta eficiencia enerxética representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX) e facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento.

Esta serie extende a capacidade das familias de transmisores e reemisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital.

Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN). Grazas a un intuitivo Web GUI que posibilita a xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente seinxelas.

Características clave
  • Deseño compacto: ata 125 Wrms nunha unidade de rack.
  • AAlta eficiencia enerxética: Tecnoloxía Doherty en banda ancha.
  • Multinorma : DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb.
  • Precorrección Dixital Adaptativa.
  • Cancelador de ecos (SFN) incluido.
  • Sistema antioscilación (SAO) con regulación automática da potencia de saída.
  • Alta sensibilidade e selectividade.
  • Conversión dixital directa a banda base (zero IF).
  • Potente e intuitiva Interface Gráfica a través de navegador web.
  • Medida de QoS opcional.
  • Preparado para sistemas N+1.
  • Tarxeta SD para guardar/cargar a configuración completa.
  • Control remoto a través de telecontactos, SNMP, Web GUI.
  • Actualización remota do software.
Datos técnicos
Modelo RUWH1050 RUWH1200 RUWH1101
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB 5 (*) Wrms 25 (*) Wrms 110 Wrms
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC 5 (*) Wrms 25 (*) Wrms 125 Wrms
Conector RF saída N (F) 50 ohm N (F) 50 ohm N (F) 50 ohm
(*) no Tecnología Doherty