Un paso adiante nos Transmisores de TV de alta eficiencia

A probada eficiencia e confiabilidade da tecnoloxía WHET (Wideband High Efficiency Transmitters) aplicada aos transmisores de TV Egatel, dá un paso máis para seguir sendo a mellor opción do mercado broadcast e seguir ofrecendo todo o potencial de aforro posible aos operadores.

As últimas series de transmisores e reemisores de alta eficiencia en banda ancha dotáronse dunha excelente fiabilidade e flexibilidade permitindo adaptarse a calquera topoloxía de rede.

Coa tecnoloxía Doherty Banda ancha e a súa facilidade de ampliación e actualización, os transmisores e reemisores Egatel permiten aos operadores de redes de radiodifusión terrestre realizar calquera cambio de canle ou de estándar de emisión de modo inmediato sen facer ningunha modificación nin retoque de sintonía, feito este que cobra unha especial importancia polo aforro de custos que supón ante os novos retos aos que se enfronta a radiodifusión terrea (abandono de bandas de emisión, cambios a estándares máis eficientes, etc.).

Últimas novidades da Serie WHET

As novas series TLWH7900, TUWH3000 e TUWH/RUWH1000 de alta eficiencia e banda ancha, recollen a experiencia de Egatel no deseño broadcast, ampliando a alta eficiencia enerxética a tranmisores e gapfillers de toda a gama de potencias e a todos os estándares dixitais permitindo múltiples configuracións.

Nova serie TLWH7900
Transmisores de alta potencia
Máxima densidade de potencia por rack.
A mellor opción para cubrir zonas amplias.

Serie TLWH7900, transmisores refrixerados por líquido

Os transmisores de alta eficiencia da serie TLWH7900 son a evolución dos primeiros equipos da serie WHET, por tanto herdan todas as súas características optimizadas. Os equipos teñen refrixeración por líquido e estrean amplificador cun deseño máis preciso e moi coidado, o tamaño redúcese a 2UR aumentando considerablemente a potencia por rack até chegar aos 13.8 kWrms nos estándares OFDM e 17 kWrms en ATSC.

Os novos amplificadores AUWH1200 deseñáronse con alimentación redundante integrada e cunha eficiencia enerxética líder no mercado. Cobren toda a banda de UHF sen axustes de sintonía o que os converte na mellor opción para cubrir zonas amplas coas mellores garantías e prestacións.

Series TUWH3000 e TUWH4000, transmisores de TV refrixerados por aire

Coas últimas incorporacións dos amplificadores AUWH201 e AUWH301, as series de transmisores refrigerados por aire TUWH3000 e TUWH4000 permiten a máxima flexibilidade nas configuracións en banda ancha e alta eficiencia.

Todos os amplificadores destas series foron deseñados tendo en conta os criterios de maior eficiencia, tanto no consumo como no mantemento e operación incluíndo fontes de alimentación e ventiladores redundantes e extraíbles en quente.

Series TUWH1000 e RUWH1000, transmisores e reemisores de baixa potencia e alta eficiencia.

Cun tamaño de 1UR e unha potencia de até 125W rms, a nova serie de transmisores e gapfillers Egatel, achanda o camiño á alta eficiencia aplicada ás topoloxías de rede de última milla

A pesar da baixa potencia dos equipos, a eficiencia enerxética ten un gran peso debido ao elevado número de equipos que compoñen as redes de baixa potencia. Con eficiencias de até o 35% en só unha unidade de rack, as series TUWH1000 e RUWH1000 proporcionan un aforro imbatible no mercado broadcast.

Estas series están preparadas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC (3.0 ready) e ISDB-Tb) e incorporan o estado da arte en precorrección dixital adaptativa e cancelación de ECOS no caso dos gapfillers SFN.

Transmisores de TV Dixital da Serie WHET

Cos últimos lanzamentos Egatel amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF e a todos os estándares de TV Dixital, aplicando a tecnoloxía Doherty Banda Ancha a transmisores de TV e gapfillers que se utilizarán para cubrir redes de TV tanto en grandes zonas de territorio como en pequenas áreas nas últimas fases de cobertura.

Transmiores de TV de alta potencia

Refrixerados por líquido ou por aire

Os transmisores de alta potencia son a mellor solución para despregar ou estender unha rede de difusión dixital con canles HDTV, DTV e TV móbil no ámbito global. Presentan unha eficiencia enerxética de até un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Transmiores de TV de media potencia

Refrixerados por líquido o por aire

Os equipos de media potencia ofrecen unha gran flexibilidade e múltiples configuracións por rack, as diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos permiten aos operadores axustar os seus sistemas garantindo a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Transmiores de TV de baixa potencia

Refrixerados por aire

Transmisores e reemisores deseñados para instalacións de baixa potencia que cobren as últimas fases de despregamento en redes de TV. Incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsiones da etapa de potencia e un potente e intuitivo WEB GUI que permite a xestión completa do equipo en modo local ou remoto.

Descargas

Consulte e descárguese os documentos técnicos ou folletos máis extensos dos equipos da serie WHET. Pode acceder tanto ás especificacións técnicas como a explicacións máis detalladas das tecnoloxías empregadas, do funcionamento e control dos equipos ou das posiblidades de cada un dos seus compoñentes.

@2016 Egatel S.L

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin