sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Proxectos de innovación

imagen cabecera

SPACE: Sistema de control de Drons

De Xullo de 2016 a Decembro de 2018
EXP 00092049 / ITC-20161184

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto SPACE aborda o desenvolvemento dun sistema de protección perimetral destinado a detectar e interceptar UAVs voando sobre zonas no autorizadas.

Socios do proxecto: EGATEL, Grupo TRC, ICTEL Ingenieros, Gradiant.

Sat2Car: Coche conectado vía satélite

De Setembro de 2016 a Decembro de 2018
EXP 00091935 / ITC-20161234

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
A finalidade do proxecto Sat2Car é o desenvolvemento dun módem satélite interactivo banda-Ka para procurar aplicacións bidireccionais a bordo a coches conectados.

Socios do proxecto: EGATEL, PSA Groupe, HISPASAT, QUOBIS, ALTIA, CTAG, Gradiant, Universidade de Vigo.

Polarys: Seguridade e emerxencias marítimas

De Setembro de 2016 a Decembro de 2018
EXP 00091271 / ITC-20161120

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto Polarys aborda o desenvolvemento dun transceptor VDES (VHF Data Exchange System) de modo dual terrestre/satélite para intercambiar información de seguridade marítima de barco-barco e de barco-costa.

Socios do proxecto: EGATEL, Retevisión (grupo Cellnex), Insitu, SCIO Innovation Technologies, BASTET Ingenieria, Gradiant, CINAE.

IoT@AS: Internet of Things @ Agro Space

De Setembro de 2016 a Decembro de 2018
EXP 00091605 / ITC-20161045

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto IoT@AS consiste no desenvolvemento dunha plataforma intelixente integral para a xestión e supervisión das áreas de rego.

Socios do proxecto: EGATEL, TRAGSA S.A., INTEGRASYS S.A., ODIN SOLUTIONS S.L., ISOTRON S.A.U.

EFECTO: Sistema de medida do fluxo solar

De Xullo de 2016 a Decembro de 2018
EXP 00091799 / ITC-20161223

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto EFECTO aborda o desenvolvemento dun sistema de medida de fluxo concentrado en centrais de torre online. O desenvolvemento ten como finalidade aumentar a durabilidade das células solares e mellorar a eficiencia enerxética das plantas solares mediante a implementación dun avanzado sistema de análise e procesado do fluxo solar.

Socios do proxecto: EGATEL, Grupo COBRA, MESUREX, Centro Nacional de Energías Renovables (CENER), Plataforma Solar de Almería (PSA), Cooperación Industrial de Andalucia (AICIA).

SINDA: Sistema de Seguridade en Interiores

De Xullo de 2015 a Decembro de 2017
EXP 00083163 / ITC-20151329

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto SINDA aborda o desenvolvemento dun novo modelo de sistema de seguridade para interiores mediante o uso de drons autónomos baseados en Visión Artificial 3D. O novo modelo de vixilancia que propón SINDA trátase dunha evolución dos servizos tradicionais de domótica e videovixilancia nos que se empregan circuítos de vídeo para controlar fogares e establecementos. A principal diferenza que introduce SINDA é un dron de vixilancia con capacidade para realizar roldas de vixilancia no interior dos edificios onde grava e transmite vídeo en tempo real.

Socios do proxecto: EGATEL, PROSEGUR ESPAÑA S.L., AEROMEDIA UAV S.L., AVANSIG S.L.L.

SILVA: Sistema Multiespectral en UAV

De Xullo de 2015 a Decembro de 2017
EXP 00083020 / ITC-20151263

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto SILVA aborda o desenvolvemento dun novo sistema de visión multiespectral embarcado en UAV con procesamento embebido para a detección remota e o control de pragas e enfermidades en masas forestais. O sistema proposto abordará a medición exhaustiva e in vivo de distintos parámetros relacionados co estado de saúde das masas forestais. Expón por tanto, o desenvolvemento dunha nova tecnoloxía con prestacións e alcance que non ofrece ningunha das solucións comerciais existentes.

Socios do proxecto: EGATEL, COTESA (Centro de Observación e Teledetección Espacial S.A.), AMMI Tecnologies S.L., Bosques Naturales S.A.

ACORN

De Xuño de 2014 a Decembro de 2016
EXP. TSI-100103-2014-91

MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXÍA E TURISMO
SECRETARÍA DE ESTADO DE TELECOMUNICACIÓNS E PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.
Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital.
A meta principal da ACORN é explorar as posibilidades da utilización conxunta dos conceptos SDR (Software Defined Radio) e o da radio cognitiva. Para iso desenvolverase unha plataforma de referencia adoptando os principios e elementos de ambas as áreas e que se utilizará como ferramenta para investigar e implementar diversos módulos dos sistemas de comunicacións que permitirá a investigación de diversos dominios do uso.

ISHEM

De Maio de 2013 a Decembro de 2014
EXP 00064007 / ITC-20133042

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O proxecto ten como finalidade a obtención dunha plataforma integral (HW/SW) para a xestión eficiente das emerxencias sanitarias. Preténdese desenvolver, mediante o uso de tecnoloxías TIC, aplicacións de valor engadido integradas en vehículos, de soporte vital básico e avanzado (SVBs e SVAs), para intercambiar información en tempo real cos centros de coordinación (061-112) e os centros sanitarios de destino.

Trátase dunha proposta moi ambiciosa no seu alcance e que logrou reunir a empresas de tres sectores distintos - TIC, Sanitario e Automoción - ao redor dun mesmo obxectivo. En concreto, as empresas integrantes do consorcio son: Everis, Coremain, Rodríguez López Auto, Imaxdi e os centros tecnolóxicos CTAG e Fundación Ramón Domínguez.

SIMOVI

De Abril de 2013 a Decembro de 2014
EXP 00064619 / ITC-20133114

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
A finalidade do proxecto é a creación dunha plataforma tecnolóxica de monitorización de viñedos que mellore notablemente a xestión de todo o proceso vitícola, optimizando o control de calidade das colleitas e o seu impacto no posterior proceso enológico. A solución proposta baséase en utilizar cámaras de vídeo dotadas dun sistema de visión multiespectral con procesamiento integrado.

Traballarán conxuntamente empresas TIC (Egatel, Austen, Avansig, Eletroships Galicia, Eltor) e adegas ( Pazo de Señoráns e Coto Redondo). Os Centros Tecnolóxicos Aimen e Gradiant, así como a Misión Biolóxica do CSIC darán soporte técnico ás empresas do consorcio.

XMIST

De Maio de 2013 a Decembro de 2014
EXP 00065112 / ITC-20133109

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O obxectivo principal deste proxecto céntrase na consecución dun sistema integral para a detección e apagado de incendios mediante o uso de hidroavións non tripulados (RPAs - Remotely Piloted Aircraft). As aeronaves controlaranse mediante un avanzado sistema de comunicación non asistido que, de forma automática, realice todo o proceso.

Os socios de Egatel no proxecto XMIST - Everis Aerospace, Flightec Systems e Softwcare - así como o Centro Tecnolóxico Gradiant, teñen unha longa traxectoria e experiencia no sector aeroespacial.

QUIRAV

De Abril de 2013 a Decembro de 2014
EXP 00064461 / ITC-20133071

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
O obxectivo é a mellora de todos os procesos que teñen lugar nos quirófanos, facilitando o labor dos facultativos en todas as tarefas que realizan. Para iso, preténdese obter un sistema experto capaz de Integrar toda a información procedente dos múltiples equipos presentes nos quirófanos.

As empresas que integran o proxecto permiten abarcar toda a cadea de valor tecnolóxica. Egatel e AMMI Technologies son r ecoñecidos fabricantes de equipos de telecomunicacións, mentres que Baía Software, Everis e Plexus contan con ampla experiencia no campo do TIC aplicadas ao medicamento. O Centro de Investigación CITIUS, da Universidade de Santiago, e a Fundación Ramón Domínguez, colaborarán coas empresas no desenvolvemento dos traballos técnicos.

ONDADA

De Xaneiro de 2012 a Decembro de 2014
ITC-20113042

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
Este proxecto ten como obxetivo aumentar a cobertura do servizo de comunicacións marítimas AIS (Automatic Identification System), coa intención de que un maior número de embarcacións poidan beneficiarse do sistema e extender o uso do mismo. Deste xeito, optimizarase a xestión do tráfico marítimo e incrementarase a seguridade das tripulacións.

Ademáis de Egatel, no proxecto participan os seguintes socios: un operador de Telecomunicacións (RETEVISIÓN), unha empresa especializada en desenvolver produtos para o sector marítimo (SCIO) e un Centro Tecnolóxico (GRADIANT)

FUTURE HDA

De Xaneiro de 2012 a Decembro de 2014
ITC-20113075

PROGRAMA DE FINANCIACIÓN: FEDER INNTERCONECTA
Desenvolvemento de uhna plataforma de televisión interactiva para proporcionar aos usuarios do Servizo de Saúde Pública aplicacións médicas no fogar mediante a TV Dixital. A través da TV ou de dispositivos móbiles, o paciente pode acceder dende o domicilio ao seu rexistro persoal de saúde, solicitar unha videoconferencia co especialista, recibir consellos, recordatorio, etc.

As empresas que integran o proxecto son: R, 2Mares, Aldaba, Bahia Software, Egatel, Telecon, Hospital Modelo, Milegroup, RNASA-IMEDIR e os Centros Tecnolóxicos Citius e Gradiant.

EMULSION

Desde o 06-08-2010 ata o 30-09-2012
10TIC070E / IDI-20111358

FINANCIADO POR: XUNTA DE GALICIA - CDTI
Deseño e desenvolvemento de un módem satelital dirixido a vehículos terrestres e marítimos. Proporcionarase aos usuarios finais con aplicacións infotainment e servizos especiais dedicados a mellorar a seguridade a bordo e a xestión de emerxencias.

FURIA3: Futura Red Integral Audivisual

Desde o 01-01-2009 ata o 31-12-2010
TSI-020301-2009-33

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO
SECRETARÍA DE ESTADO DE TELECOMUNICACIONES Y PARA LA SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN
D.G. para el desarrollo de la Sociedad de la Información

Ampliación de la estructura de I+D de Egatel, aumento del desarrollo tecnológico

Desde o 01-01-2009 ata o 31-12-2010
PCT-430000-2009-0035

MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN
FONDO DESARROLLO REGIONAL F.E.D.E.R.
Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011
Préstamo concedido: 61.180,31 euros

FURIA2: Futura Red Integral Audivisual

Desde o 01-01-2008 ata o 31-12-2008
TSI-020100-2008-630

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO
SECRETARÍA DE ESTADO DE TELECOMUNICACIONES Y PARA LA SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN
D.G. para el desarrollo de la Sociedad de la Información

FURIA: Futura Red Integral Audivisual

Desde o 01-01-2006 ata o 31-12-2007
FIT-330503-2006-6


MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO
SECRETARÍA DE ESTADO DE TELECOMUNICACIONES Y PARA LA SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN
D.G. para el desarrollo de la Sociedad de la Información



Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: