sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

EGATEL arranca a Fase II do suministro de Transmisores de TDT a TV Azteca en México

13/02/2015

Finalizado o envío dos equipos da primeira fase na que se suministraron 74 transmisores e 2 gapfillers dixitais, Egatel inicia a segunda etapa coa posta en marcha de 15 novos centros de emisión adxudicados por TV Azteca.

Na Fase II vanse instalar 29 transmisores dixitais ATSC de 200 Wrms a 1 kWrms, combinadores ou filtros, patch panels e cargas. Destes equipos suministrados, a gran maioría pertencen á Serie WHET, os novos Transmisores Egatel de Alta Eficiencia-Banda Ancha.

A Serie WHET incorpora melloras tecnolóxicas importantes: o rendemento que alcanzan os transmisores é de ata 42% e a eficiencia mantense en todo o rango de UHF, polo que non se require axuste nin modificación de ningún tipo nos amplificadores ao facer un cambio de canle. As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Egatel consolidouse no mercado mexicano como suministrador de transmisores de TDT no seu proceso de migración á TV Dixital, proceso complexo e de gran alcance e cun horizonte de apagón analóxico a finais do 2015. Por iso, continúa tendo proxectos moi importantes no país, coas dixitalizacións pendentes de moitas televisoras públicas estatais, e ante o proceso de licitación de dúas novas cadeas de ámbito nacional.

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: