sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

IV Xornadas sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías Matemáticas e Computacionais

02/11/2016

EGATEL participa os próximos días 3 e 4 de novembro nas "IV Xornadas sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías Matemáticas e Computacionais", que se celebran na Coruña, nas instalacións do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).

Manuel Pozo Fariñas, Director de Proxectos I+D de EGATEL, foi convidado o evento e intervirá como relator ambos os días. O primeiro día (3 de nov.), de 16:00-16:30, abordará o tema "Vías Alternativas e Seguras de Comunicacións en Contornas Adversas", sobre sistemas de comunicacións pouco vulnerables a ataques robustos fronte a interferencias de rápido despregamento e independentes da presenza de redes terrestres no escenario elixido.

O segundo día (4 nov.) de 13:00-13:50, participará nunha mesa redonda sobre "TICs, Matemáticas e Computación no ámbito da Ciberseguridade", na que tamén participan:
- Dña. Eduvigis Ortiz Moronta, Global Alliances & Innovation Director Cibersecurity PROSEGUER.
- D. Javier Parapar López, Investigador Principal da área de Procura e Recuperación de información, CITIC.
- Dña. Peregrina Quintela Estévez, Directora de ITMATI/Catedrática Matemática Aplicada USC.
- Moderador: D. Federico Aznar Fernández-Montesinos, Doctor Analista Principal do Instituto Español de Estudos Estratéxicos.

O evento, organizado polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), CITIC e ITMATI, grupo m2nica e a UDC (coa colaboración do Instituto Matemático Interdisciplinar (IMI) da UCM), busca o achegamento da tecnoloxía matemática e computacional no ámbito da Seguridade e a Defensa.

egatel jornadas sobre seguridad Descargar Programa das Xornadas

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: