Transmisores de TV UHF de baixa potencia

Tecnoloxía Wideband High Efficiency, Deseño compacto (1U).

Coñeza a Serie WHET

A nova familia de transmisores TUWH1000 ultracompactos (1U) e alta eficiencia representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, facilitando aos operadores as tareas de instalación, operación e mantemento, á vez que ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX).

Esta nova serie extende a capacidade das familias de transmisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital.

A serie TUWH1000 pódese configurar como transmisor ou retransmisor multinorma (DVBT-H/T2, ATSC, ISDB-Tb) con potencias de saída ata 115 Wrms en só 1U, xestionando varias interfaces de entrada dependendo do modo de operación: ASI, TSoIP (transmisor) ou RF (retransmisor). Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia e un potente e intuitivo WEB GUI que permite a xestión completa do equipo en modo local ou remoto.

Características clave
  • Deseño compacto: ata 125 Wrms nunha 1 unidade.
  • Multinorma: DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb.
  • Precorrección Dixital Adaptativa.
  • Potente e intuitiva Interface Gráfica a través de navegador web.
  • Conmutación sen cortes (Seamless) entre as entradas.
  • Opción de recepción que permite traballar como retransmisor.
  • Medida de QoS opcional.
  • GPS interno opcional.
  • Preparado para sistemas N+1.
  • Tarxeta SD para gardar/cargar a configuración completa.
  • Control remoto a través de telecontactos, SNMP, Web GUI.
  • Actualización de software por control remoto.
Datos técnicos
Modelo TUWH1050 TUWH1200 TUWH1101
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB 5 (*) Wrms 25 (*) Wrms 120 Wrms
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC 5 (*) Wrms 25 (*) Wrms 125 Wrms
Conector RF saída N (F) 50 ohm N (F) 50 ohm N (F) 50 ohm
(*) no Doherty