EGATEL celebra o seu 25 aniversarioEGATEL celebra o seu 25 aniversarioEGATEL celebra o seu 25 aniversarioEGATEL celebra o seu 25 aniversario
  • Inicio
  • Solucións
    • Broadcast
      • Transmisores UHF
      • Transmisores VHF
      • Reemisores
      • GNSS
    • SatCOM
      • Terminal “IOT First”
      • Terminal “AURIA”
    • Consultoría e enxeñaría
    • EMS
  • Innovación
  • A empresa
    • Sobre nosotros
    • Proxectos de referencia
  • Media
    • Novas
  • Servizos
  • Contacto
    • Traballa con nós
  • EN
  • ES
  • GL
✕

EGATEL celebra o seu 25 aniversario

  • Inicio
  • Novas
  • Novas/Eventos
  • EGATEL celebra o seu 25 aniversario
EGATEL fornecerá para Santiago de Chile o primeiro transmisor TDT de alta eficiencia e alta potencia no país
13 Decembro 2016
Egatel de novo á cabeza no ranking de innovación en Galicia.
27 Xullo 2017
31 Xaneiro 2017
Categorías
  • Novas/Eventos
  • Broadcast Market
Etiquetas

En 2016 a compañía obtivo por segundo ano consecutivo a máxima puntuación nos indicadores de innovación do informe Ardán de Economía e Competitividade e recibiu o Premio INEO polo desenvolvemento do produto máis innovador, destinado ao sector das comunicacións por satélite.

Alcanzar o 25 aniversario é un logro importante para calquera empresa, xa que é unha proba irrefutable de madurez e consolidación. Por este motivo, Egatel está de celebración tras 25 anos de ilusión, esforzo e firme compromiso con alcanzar a excelencia tecnolóxica, características que levaron a converterse nun fabricante de referencia de sistemas de transmisión de TV.

Egatel fundouse en 1992 da man de Esteban Solleiro, Enxeñeiro de Telecomunicacións ourensán, iniciando a súa actividade no sector doméstico de recepción de TV por satélite e no mercado profesional de microrepetidores analóxicos para TV. En poucos anos a compañía obtén a homologación como fabricante de equipos broadcast profesionais e amplía a gama de produtos a transmisores e reemisores analóxicos e dixitais de baixa, media e alta potencia.

No ano 1999 logra a adxudicación do contrato para o primeiro despregamento da rede de TDT en España e que cos anos lévalle a converterse no principal provedor de equipos de transmisión de TV Dixital en España para o chamado “Apagamento Analóxico”, fornecendo a Abertis Telecom (actual Cellnex), principal operador de rede en España, máis de 7.600 transmisores e reemisores , así como aos operadores rexionais Retegal en Galicia, Axión en Andalucía e Aragón Telecom en Aragón.

A partir do ano 2007 iníciase un proceso de internacionalización, que deriva nun período de crecemento empresarial sostido, que se mantén na actualidade, e durante o cal a empresa se sitúa na contorna internacional como unha empresa á vangarda do desenvolvemento tecnolóxico, participando nos despregamentos de TDT de países como México, Alxeria, Tanzania, Marrocos, Arxentina, Colombia, Kenia, Uruguai, Chile ou Panamá, entre outros. Actualmente o 85% da cifra de negocios provén do exterior.

Nos últimos anos EGATEL estivo levando a cabo unha estratexia de diversificación, apostando polo deseño de produtos e servizos orientados á apertura de novos nichos de mercado. O máximo expoñente desta estratexia é o SmartLNB, un produto que está a revolucionar o sector das comunicacións por satélite. Seguindo esta liña estratéxica, no período 2015 – 2016 a empresa investiu máis de 3,5 millóns de euros en I+D+I e participou en diferentes proxectos de innovación en colaboración con outras empresas, universidades e centros tecnolóxicos no ámbito das comunicacións marítimas, aeronaves non tripuladas e vehículos conectados.

Aínda que a sede central atópase en Ourense, EGATEL ten delegacións en Madrid, Arxentina, Chile e México. Actualmente conta cun persoal de máis de 60 técnicos e enxeñeiros cunha alta cualificación en Sistemas e Electrónica de Telecomunicacións. Egatel está integrada na área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, grupo referente no sector das infraestruturas e a enxeñaría a nivel mundial.

Compartir

Últimas novas

  • Egatel estará presente no BroadcastASIA do 27 o 29 de Maio de 2025. SINGAPUR
    20 Maio 2025
  • Egatel estará presente no NAB Show do 6 ao 9 de abril de 2025. LAS VEGAS
    29 Xaneiro 2025
  • Egatel no IBC 2024 – Estand 8.C35 do 13 ó 16 Setembro do 2024, RAI Amsterdam
    30 Agosto 2024

Categorías

Etiquetas

Digital TV Transmitters emisor de tv emisores de television en españa IBC AMSTERDAM IoT IoT eutelsat IoT First SMART LNB techtel australia transmisores de TV Digital

Solucionamos os teus problemas

En Egatel ofrecemos servizos de soporte e formación técnica impartida por expertos técnicos en instalacións, mantemento e posta en marcha de equipos. Diagnosticamos e solucionamos calquera incidente que poida xurdir.

Contacta

Egatel é membro de

Premios

Egatel conta coa confianza de

  • Edificio Egatel
    Avda. de Ourense 1
    Parque Tecnolóxico de Galicia
    32901 San Ciprian de Viñas. Ourense – España
  • +34 988 368 118
  • egatel@egatel.es
Copyright 2022 Egatel S.L.
Aviso LegalPolítica de PrivacidadePolítica de CookiesDescargo de responsabilidade
GL
  • EN
  • ES
  • GL
Xestionar o Consentimento das Cookies
Usamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo. As cookies son pequenas pezas de información que se almacenan no teu dispositivo cando visitas o noso sitio web. Usamos cookies de rastrexo para personalizar anuncios.
Funcionais Sempre activo
O almacenamento ou o acceso técnico é estritamente necesario coa finalidade lexítima de permitir a utilización dun determinado servizo expresamente solicitado polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O almacenamento ou o acceso técnico é necesario para o fin lexítimo de almacenar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
Analíticas
Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos anónimos. Sen un requisito, o cumprimento voluntario do seu provedor de servizos de Internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada exclusivamente para este fin non se pode utilizar para identificarte.
Rastrexo
O almacenamento ou o acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para ofrecer publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}
  • EN
  • ES
  • GA