Produto destacado

  • A nova serie TLWH7900E de transmisores refrixerados por líquido supón un paso máis na alta eficiencia enerxética, ofrecendo aos operadores unha solución moi compacta en canto a densidade de potencia, proporcionando un servizo óptimo para o desenvolvemento ou ampliación de redes de televisión dixital. Os transmisores TLWH7900E usan a arquitectura Doherty asimétrica de banda ancha cun deseño moi coidado destinado a mellorar a eficiencia enerxética. O seu deseño compacto e modular facilita as tarefas de instalación e mantemento, reducindo significativamente os custos totais ao longo da vida útil do transmisor. Permite a emisión de sinais de televisión na banda UHF nos principais estándares: DVB-T/T2, ATSC ou ISDB-T/TB. Teñen unha alta eficiencia enerxética, ata o 42%. Caracterízase por presentar un sistema de refrixeración líquida eficiente e silencioso e de alto rendemento ocupando moi pouco espazo.
  • A nova familia de reemisores ultracompactos (1U) RUWH1000 de alta eficiencia enerxética representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX) e facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento. Esta serie extende a capacidade das familias de transmisores e reemisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital. Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN). Grazas a un intuitivo Web GUI que posibilita a xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente seinxelas.
  • Antena plana autoapuntable electronicamente