• A serie de transmisores TUWH3000 de alta eficiencia representa un salto tecnolóxico nas solucións UHF de media potencia con refrixeración por aire. A tecnoloxía Wideband-Doherty aplícase en toda a banda UHF, polo que xa non é necesario realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle. Os novos transmisores presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores. Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS-50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia. O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente outorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación amigable e intuitiva e unha rápida posta en marcha. As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.
  • A nova serie de transmisores TUWH4000 de alta eficiencia – banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración por aire. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é preciso realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle. Os transmisores TUWH4000 presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores. Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS – 50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia. O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente otorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación sinxela e intuitiva e unha rápida posta en marcha . As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.
  • A nova serie de transmisores de banda ancha TUWH4000E de alta eficiencia representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con arrefriamento por aire. A serie usa a arquitectura asimétrica de banda ancha Doherty, permitindo, cun único modelo de amplificador, cubrir toda a banda UHF (470 a 700MHz). Polo tanto, xa non é necesario facer modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar a canle RF dentro da banda UHF. Os transmisores TUWH4000E presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata o 45% que se traduce nun beneficio económico inmediato para os operadores. O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente ofrece unha flexibilidade total e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro de transmisión. A configuración áxil do transmisor e a potencia do servidor web garanten un funcionamento fácil e intuitivo e unha rápida posta en marcha